34ª CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO

31 de outubro de 2011

 Este domingo 30 de outubro de 2011, celebrouse a 34 edición da Carreira pedestre de Santiago de Compostela cun percorrido de 12 quilómetros. Quitando o tema das camisetas, que grandes e pequenos tivemos que escoller unha talla XL, a organización moi ben, como sempre.


As categorías non favorecían ás nosas atletas, que tiveron que competir con rivais moito máis xóvenes.  Os nosos resultados foron: 738º Manuel Fernández (52'11''), 2396º Loli Vázquez (1:04''34''), 2538º Sandra González (1:06'23''), 2950º Fefa Freire (1:17'14'') e 3024º Carmen Vasconcellos (1:26'31'').

No hay comentarios:

Publicar un comentario