16 de decembro de 2012
Nunha mañán extremadamente chuviosa, as atletas e os atletas do noso club acudiron a esta proba, que este ano era tamén fase zonal para clasificarse para o campionato provincial do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
Na categoría Cadete Feminina: 4ª Laura Fernández (clasificada para a fase provincial). En Infantil Feminino: 6ª Andrea Pérez (clasificada para a fase provincial). En Alevín Feminino: 23ª Lúa Iglesias, 37ª Lía Gutierrez. En Alevín Masculino, clasificándose en 2º lugar por equipos, o que lle permite asistir á fase provincial de campo a través: 7º Pablo Camescasse, 15º Nicolás Otero, 18º Pedro Fernández e 22 Jorge Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario