O 15 de xaneiro de 2013, no auditorio do Concello, na Praza do Rei, celebrouse a entrega dos
premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que na súa
cuarta edición participaron uns 800 deportistas. Levaron premio 24 atletas, doce homes e doce mulleres. O noso equipo acadou o primeiro e o segundo premio en F-60: 1ª clasificada Carmen Vasconcellos, 2ª clasificada María Josefa Freire. Tamén destacar o 6º posto do San Miguel de Oia na clasificación por equipos, que nesta edición eran 94 participantes.
Os outros atletas do noso equipo que sumaron puntos foron: 56º Manuel Fernández (M-35), 17ª Yolanda Abellán (F-35), 35ª Dolores Fernández (F-35).

No hay comentarios:
Publicar un comentario