50º Gran Premio Pedestre do Nadal Carreira do Pavo 2011

Domingo 18 de decembro de 2011

Hoxe celebrouse esta proba no seu 50 cumpreanos nunha mañán fría pero soleada, o que posiblemente axudou a unha gran participación. 

Os nosos atletas acadaron os seguintes resultados:
Categoría Alevín masculino, 25º Pedro Fernández Miranda (5:50), 36º Jorge Fernández González (6:16).
Categoría Infantil feminina, 7ª Laura Fernández González (8:33), 15ª Andrea Pérez Fernández (9:11).
Categoría Veteráns feminina, 16ª Dolores Vázquez (19:13), 26ª Mª Josefa Freire (23:00), 30ª Carmen Vasconcellos (27:10).
Categoría Veteráns masculino, 49º José Alar (23:34), 60º Manuel Fernández (24:33).

XI Memorial Andrés Abanqueiro

Domingo 11 de decembro de 2011

As categorías menores tiñan cita no XI Memorial Andrés Abanqueiro no parque de Castrelos este domingo.

Os resultados foron os seguintes: Accedendo a trofeo, na categoría Infantil Feminina, 5ª Laura Fernández. Na categoría Alevín Masculino, 39º Pedro Fernández Miranda e 46º Jorge Fernández.

VI SUBIDA AO CASTRO, VIGO 11/12/2011

Domingo 11 de decembro de 2011

Espectacular carreira, na que se subiron 305 escalóns e na que excepto o pequeno tramo do principio, todo era costa arriba. Preciosa a chegada entrando pola porta da fortaleza.


Participamos tres veterans: Posto 109º Manuel Fernández (11:40), posto 441º María Josefa Freire (17:44) e posto 460º Carmen Vasconcellos (20:10).

38º Trofeo Pedestrismo de Cangas

 Domingo 4 de decembro de 2011

Nun día gris con pouca chuvia, celebrouse esta bonita proba en Cangas, nun circuito totalmente urbano na Alameda Vella.
 
Os nosos resultados foron os seguintes: Nas probas escolares, na categoría Alevín maculino, 13º José Pedro Fernández, 30º Jorge Fernández. Na categoría Infantil feminino, 7ª Laura Fernández. Na proba absoluta, 83º José Alar (39:10) VT1M-39, 274º Loli Vázquez (50:08) F-20 VT1F-7, 275º Sandra González (50:08) F-21 VT1F-8, Fefa Freire (59:13) F-30 VT2F-4, Carmen Vasconcellos (1:08:55) F-37 VT2F-5.

33º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

27 de novembro de 2011



Hoxe participamos nesta histórica proba cos seguintes resultados:

En categoría Infantil feminina 11º posto Laura Fernández. Na categoría Alevín masculino 4º posto subindo ao podium Pablo Romero, 10º Pablo Camescasse e 23º Jorge Fernández.

35 Carreira pedestre San Martiño 2011

 6 de novembro de 2011

Impresionante a participación deste ano, 3242 atletas veterans que entraron en meta, e 2592 nas categorías escolares.

Os nosos resultados foron os seguintes: Na categoría VTFF 1º posto Carmen Vasconcellos (1:09'27'') F-392. En categoría escolar a nosa participante Laura Fernández acadou un meritorio 8ª posto na categoría infantil feminina tendo en conta a dificultade para abrirse paso entre a multitude de escolares. 598º José Alar (41'22'')  113 VTBM, 886º Manuel Fernández (43'19'') 101 VTCM, 2109º Loli Vázquez (50'58'') F-133 VTBF 27ª, 2941º Fefa Freire (59'35'') F-303 VTFE 7ª.
34ª CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO

31 de outubro de 2011

 Este domingo 30 de outubro de 2011, celebrouse a 34 edición da Carreira pedestre de Santiago de Compostela cun percorrido de 12 quilómetros. Quitando o tema das camisetas, que grandes e pequenos tivemos que escoller unha talla XL, a organización moi ben, como sempre.


As categorías non favorecían ás nosas atletas, que tiveron que competir con rivais moito máis xóvenes.  Os nosos resultados foron: 738º Manuel Fernández (52'11''), 2396º Loli Vázquez (1:04''34''), 2538º Sandra González (1:06'23''), 2950º Fefa Freire (1:17'14'') e 3024º Carmen Vasconcellos (1:26'31'').

Vigo+11 Trofeo El Corte Inglés

16 de outubro de 2011
 
 Duas corredoras do San Miguel de Oia subiron ao podium na carreira Vigo+11 Trofeo El Corte Inglés, unha veterana de 61 anos en diante, Carmen Vasconcellos Balboa, no  1º posto e Laura Fernández González en categoría infantil feminina, 3º posto. Non está mal para ser unha carreira de toma de contacto coa competición de cara á nova tempada.














Outros resultados das nosas e os nosos atletas: Na categoría Benxamín masculino posto 17º Jorge M. Fernández González. Na categoría absoluta, posto 242º José Alar Prado, 244º Joaquín López Goce, 313º Manuel Fernández Comesaña, 319º Teresa González Núñez, 1210º Mª Josefa Freire Mosquera, 1235º Yolanda Abellán Trabazos e 1246º Carmen Vasconcellos Balboa.