Fin de semana de Podium

7 de abril de 2013





Este foi un fin de semana de podium para os atletas do noso club: O primeiro de Lúa Iglesias no pouco tempo que leva no atletismo, foi na carreira popular de San Telmo, en Tui, quedando 3ª en Alevín feminino. Laura Fernández 1ª en Cadete no 37º Cross escolar de Beade. Nesta proba Jorge Fernández tamén levou trofeo ao entrar entre os catorce primeiros. Andrea Pérez 2ª en 1000 m e 3ª en 80 m,  no Zonal Escolar de Atletismo en Pista en categoría Infantil. Logo ao día seguinte quedou 2ª na carreira popular de San Telmo en Tui. Tamén destacar o 10º posto de Miguel Iglesias na carreira absoluta da San Telmo 2013.