34ª CARREIRA PEDESTRE DE SANTIAGO

31 de outubro de 2011

 Este domingo 30 de outubro de 2011, celebrouse a 34 edición da Carreira pedestre de Santiago de Compostela cun percorrido de 12 quilómetros. Quitando o tema das camisetas, que grandes e pequenos tivemos que escoller unha talla XL, a organización moi ben, como sempre.


As categorías non favorecían ás nosas atletas, que tiveron que competir con rivais moito máis xóvenes.  Os nosos resultados foron: 738º Manuel Fernández (52'11''), 2396º Loli Vázquez (1:04''34''), 2538º Sandra González (1:06'23''), 2950º Fefa Freire (1:17'14'') e 3024º Carmen Vasconcellos (1:26'31'').

Vigo+11 Trofeo El Corte Inglés

16 de outubro de 2011
 
 Duas corredoras do San Miguel de Oia subiron ao podium na carreira Vigo+11 Trofeo El Corte Inglés, unha veterana de 61 anos en diante, Carmen Vasconcellos Balboa, no  1º posto e Laura Fernández González en categoría infantil feminina, 3º posto. Non está mal para ser unha carreira de toma de contacto coa competición de cara á nova tempada.














Outros resultados das nosas e os nosos atletas: Na categoría Benxamín masculino posto 17º Jorge M. Fernández González. Na categoría absoluta, posto 242º José Alar Prado, 244º Joaquín López Goce, 313º Manuel Fernández Comesaña, 319º Teresa González Núñez, 1210º Mª Josefa Freire Mosquera, 1235º Yolanda Abellán Trabazos e 1246º Carmen Vasconcellos Balboa.