15K DEL ATLANTICO

6 de outubro de 2013




Primeira edición desta proba que trancurriu dende Oia ata a Guarda polo carril bici e por tramos de terra batida, que se agradecen para non machacar tanto os xeonllos. O sentir xeral foi de querer repetir na próxima edición. Os nosos resultados foron os seguintes:  MBF Fefa 1:37:55 (posto 448 da clasificación xeral), 23º Miguel 55:34 (SNM- 10) e 451ª Carmen 1:44:11 (MBF- 4).

II 10k praia de Samil 2013

29 de setembro de 2013

Segunda edición desta carreira que se celebra pola avenida de Samil a carón dos piñeiros e do mar. Os nosos representantes e os resultados foron: 22º Miguel 36:18, 217º Tante 42:25, 1015ª Fefa 1:03:33 e 1038ª Carmen 1:10:44.

IV Xornadas Marisqueiras do Berbés, Vigo

8 de setembro de 2013


Hoxe celebrouse a carreira organizada polo C.A.R Marisqueiro, que discurre polo porto de Vigo dando dúas voltas para completar os 10.000m. Os nosos resultados foron: 19º  Miguel 35:15, 457ª Fefa 1:01:36 e 461ª Carmen 1:07:51.

ANDAR E CORRER 2013

18 de agosto de 2013

Outro anos máis acudimos a esta carreira na que o máis notable é a ausencia de premios, iso sí, hai un premio para a primeira baionesa e para o primeiro baionés, os de maior idade, despois do sacrificio  que ten, xa non rematar a carreira, senón subir a costa de San Antón e logo acabar. Pasándo páxina, destacar a participación dos nosos e as nosas atletas: 21º Miguel 36:34, 49º José Alar 38:05, 323º Tante 45:11, 713ª Laura 53:15, 714º Manolo 53:16, 1052ª Yolanda 1:06:58 e 1092ª Carmen 1:10:30.

Na categoría Cadete 3ª Laura e 4ª Andrea, que correron a proba absoluta.

III Nigrán Area

11 de agosto de 2013

Xornada de calor en Panxón nesta carreira na que se agradecía cruzar o río e sair cos pés empapados. Boa saída de Miguel e do noso amigo Andrés, que tan rápido sairon que coa renta que sacaron ao principio, Andrés chegou 15º cun tempo de 21:03 e 21º Miguel 21:41, indo de máis a menos. Logo chegamos o resto dos atletas do San Miguel de Oia, 73º José Alar 23:56, 149º Manuel 26:30, 325º Carmen 42:35.
Nas categorías inferiores: 3ª Andrea en Cadete feminino, 4ª Lúa en Alevín feminino, e 7ª Ana en Prebenxamín feminino.

30ª Carreira Nocturna Popular de San Xoán

23 de xuño de 2013

Noite de San Xoán, festas en Panxón, pero aí estiveron algúns atletas do San Miguel de Oia: 26º Miguel (26:59), 149º José Alar (30:41), 802º Yolanda (44:55), 838º Fefa (47:14), 873º Carmen (52:21).