Memorial Alejandro Lorenzo, Campionato Galego Cadete e Xuvenil e Cross Corto por Clubes

20 de xaneiro de 2013

O Circuíto do Monte do Gozo acolleu unha xornada de cross que será difícil de esquecer para os atletas participantes. Cunha temperatura próxima aos catro graos a primeira hora, con chuvia durante toda a competición, néboa e vento principalmente nas últimas carreiras, o atletismo galego celebrou nun mesmo día o 16º Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato Galego de cross individual e por equipos cadete e xuvenil así como o Campionato Galego de cross curto por equipos.

Polo noso equipo participaron catro valientes. No Campionato Galego de Cross Curto, 149º Manuel Fernández (21:21). No Memorial Alejandro Lorenzo, Infantil Feminina: 28ª Andrea Pérez (10:57). No Campionato Galego Cadete feminino, 31ª Laura Fernández (16:41).

IV CIRCUITO CIDADE DE VIGO DE CARREIRAS POPULARES 2012


O 15 de xaneiro de 2013, no auditorio do Concello, na Praza do Rei, celebrouse a entrega dos premios do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, que na súa cuarta edición participaron uns 800 deportistas. Levaron premio 24 atletas, doce homes e doce mulleres. O noso equipo acadou o primeiro e o segundo premio en F-60: 1ª clasificada Carmen Vasconcellos, 2ª clasificada María Josefa Freire. Tamén destacar o 6º posto do San Miguel de Oia na clasificación por equipos, que nesta edición eran 94 participantes.

Os outros atletas do noso equipo que sumaron puntos foron: 56º Manuel Fernández (M-35), 17ª Yolanda Abellán (F-35), 35ª Dolores Fernández (F-35).