XX CROSS ESCOLAR “STA. MARIÑA” de VINCIOS

17 de maio de 2013


Vendo a foto e sabendo os resultados, poderiamos pensar que, para aforrar, subiron varias categorías e que compartiron premio... pois non, Miguel quedou 1º na carreira de pais, Lúa 3ª en Alevín feminino e Ana 3ª en Prebenxamín feminino. Nesta xornada de podium familiar, a familia Iglesias estivo en todos os podiums posibles. A foto corresponde á carreira de pais.

Campionato Galego Milla Urbana 2013

12 de maio de  2013

Proba disputada no Concello de Padrón no circuito da canle do río Sar. Día soleado pero con forte vento do norte. Subcampeona galega de Milla Urbana en Cadete feminino, Laura Fernández. En Alevín feminino Lúa 12ª. En Alevín masculino Jorge 9º. En Prebenxamín feminino Ana 4º posto. En Infantil feminino Andrea 4º posto. Mágoa estes dous últimos, que por pouco non foron terceiros, sobre todo o de Andrea, que o disputou ata o último metro. Na  categoría absoluta, cun tempazo, Miguel acadou o 19º posto no medio de auténticos especialistas. Enhoraboa a todas e a todos.


I Carreira 10K de Salceda

5 de maio de 2013


Primeiro domingo de maio, día da nai, pero Miguel quería que fose día do pai obtendo un bo resultado nestes 10K celebrados en Salceda de Caselas por primeira vez. Acadou 9º posto na clasificación xeral e 5º na categoría senior, cun tempo neto de 00:35:32. Grazas Miguel, por facer que saia o nome do club en postos de honra. Nas categorías escolares, B feminina, 2ª Lúa Iglesias; na categoría C feminina, 13ª Ana Iglesias.

XXXIV CROSS ESCOLAR MOSTEIRO BEMBRIVE

21 de abril de 2013

Hoxe no Cross escolar do Colexio Mosteiro-Bembrive puidemos desfrutar do primeiro podium da nosa atleta máis nova, Ana Iglesias, que quedou 3ª en Prebenxamín feminino. Outros resultados foron os seguintes: 3ª Infantil feminino, Andrea Pérez; 4ª Cadete feminino, Laura Fernández; En Alevín masculino 6º Nicolás Otero e 12º Jorge Fernández; 9ª Alevín feminino, Lúa Iglesias. Na carreira de pais, nunha carreira cun ritmo digno de proba federada, 1º Miguel Iglesias.

III CROSS MONTERREY

14 de abril de 2013

Nunha mañán soleada participaron atletas do noso club neste Cross escolar acadando os seguintes resultados: Cadete feminino, 3ª Laura Fernández; Infantil feminino, 3ª Andrea Peréz; Alevín feminino, 4ª Lúa Iglesias; Alevín masculino 12º Jorge Fernández; Benxamín feminino, 4ª Ana Iglesias.