V CARREIRA POPULAR DE AMORÍN - TOMIÑO

16 de xuño de 2013

CARREIRA SOLIDARIA POLA INTEGRACIÓN E GOTAS PARA NIXER


 No día de hoxe participamos nesta bonita carreira solidaria que organiza a Asociación de Veciños de Amorín, cun carácter solidario e popular, por iso aí estivo o noso equipo, para correr porque nos gusta, e porque axudamos coa inscripción para o proxecto de UNICEF “Gotas para Níxer”.


 Por fin, despois de estar sempre cerca, esta vez Miguel rematou, 1º posto da categoría SNM, 3º na clasificación xeral. Na categoría Infantil feminina, 2ª Andrea. Os resultados das/dos demais aínda non os sabemos, pero xa por participar ben merecen un aplauso, Carmen, Fefa e Yolanda. Tamen agradecer a participación dos nosos compañeiros de adestramento Marcos e Domingo.
 Saudos.



II EUROCIDADE10 TUI 2013

9 de xuño de 2013

Hoxe celebrouse a Eurocidade do ano 2013, carreira que transcorre por Tui e por ValenÇa. Emulando aos antigos contrabandistas, cruzamos correndo pola fronteira, pero o que levábamos simplemente eran ganas de correr. A nosa representación foi José Domingo Alar, que quedou no posto 87º da Clasificación Xeral, VTAM- 62, cun tempo de 00:40:37. Bo tempo tendo en conta as subidas que tiña o circuito.

CARREIRA POPULAR DA CEREIXA - BEADE

2 de xuño de 2013
Carreira polas rúas de Beade, dúas voltas nun percorrido de sube e baixa, nada de terreo chan. Miguel, coma sempre, cos de adiante, quedou 13º na clasificación xeral e 4º en SNM cunha diferencia duns 5 seg co terceiro (33:50.26), mágoa ese cordón da zapa. Manolo 66º - VTM 40 (40:50.01). Fefa 147ª - VTF 5 (1:00:44.53). Carmen 148ª - VTF 6 (1:05:44.47). Dicir que a organización comeuse uns 600m, por iso algún melloramos as nosas marcas nuns dous minutos.

Nas categorías menores tivemos tres podiums: Laura 2ª en Cadete feminino, Andrea 3ª en Infantil feminino, e Pablo 3º en Alevín masculino. Lúa 6ª en Alevín feminino e Jorge 10º en Alevín masculino. Ana non sabemos en que posto quedou xa que a Cronotec torceuselle un pouco esta proba e non publicou os resultados. Pola mañán como presaxio xa houbo algún erro na entrega dos dorsais e para rematar tiveron erros nalgunhas clasificacións dos menores.

XIII MEMORIAL MANUEL BARROS

26 de maio de 2013


Na entrada de hoxe non tiñamos claro a foto que por, xa que por mellor resultado estaba Andrea, 1ª en Infantil feminino, pero Ana tamén a merecía por correr a proba máis igualada, foi 2ª en Prebenxamín feminino, pero con sabor a primeiro posto.

Os resultados das nosas e os nosos atletas foron os seguintes: Laura 2ª en Cadete feminino. En Alevín masculino, Pablo 3º e Jorge 16º. En Alevín feminino Lúa 9ª. Na proba absoluta gran resultado de Miguel 14º na xeral e 7º en PSM cun tempo de 35:35, non está mal vendo os nomes dos que quedaron por diante. José Alar 70º - VTAM 70 (41:11). Manolo 104ª - VTBM 18 (43:09). Tante 123º - VTAM 54 (44:04) despois de correr o día anterior pola noite a Nocturna Correndo por Vigo. Fefa 276ª - VTBF 8ª (1:05:41). Carmen 278ª - VTBF 9ª (1:10:26)