36º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

24 de marzo de 2013











No día de hoxe celebrouse o XXXVI Trofeo de Campo a Través de San Miguel de Oia, proba organizada polo noso club. Como non, a motivación de correr en casa fixo que o noso club subira ao podium en varias categorías: Andrea Pérez 1ª Infantil Feminino, Pablo Camescasse 2º Alevín Masculino, Nicolás Otero 4º Alevín Masculino, Miguel Iglesias 2º sAM (6º na carreira absoluta), Loli Vazquez 3ª sCF, Fefa Freire 1ª sEF, Carmen Vasconcellos 2ª sEF. Carlos Beiro 3º sDM. Destacar os resultados do resto dos atletas do club: Diego Camescasse 14º Benxamin Masculino, Jorge Fernández 7º Alevín Masculino. Lúa Iglesias 8ª Alevín Feminino, Pedro Gallego 11º sAM, Tante 13º sBM, Domingo Alar 9º sCM. Moitas grazas a todos polo esforzo e por axudar a que se celebre esta proba.

XIV MEDIA MARATON VIG-BAY 2013

17 de marzo de 2013

Hoxe celebrouse a XIV Media Maratón Vig-Bay 2013 e, como non, alí estivemos os valientes do San Miguel de Oia. A temperatura estupenda para facer este tipo de esforzos, chuvia cero, volta a Monte Lourido e ao Pavillón de Panxón para facela aínda máis dura. Os nosos resultados foron os seguintes:
88º David Romero, 1:19:15, 116º Miguel Iglesias, 1:20:35, 340º Esteban Costas, 1:26:31, 498º Bruno Pérez, 1:28:54, 955º Constantino Alvarez, 1:34:46, 1123º José Domingo Alar, 1: 35:33, 2156º Manuel Fernández, 1:45:30, 3054ª Dolores Vazquez, 1:53:13, 3533º David García, 02:00:04, 4129ª Yolanda Abellán, 2:25:20, 4155ª María Josefa Freire, 2:30:58, 4184ª Carmen Vasconcellos, 2:45:43.

No quilómetro 8 aínda sobraban as forzas.



Preparando a maratón da Coruña.



 Disimulando o sufrimento no último quilómetro.

Este ano acabou como unha campiona.



Unha lesión impediulle chegar correndo, pero non se retirou.


Incombustible e sen perder o sorriso despois de 20 quilómetros.

VII 10KM CIDADE UNIVERSITARIA - CUVI 2013

10 de marzo de 2013


Este domingo celebrouse a VII 10KM CIDADE UNIVERSITARIA-CUVI 2013, nun día bastante desapacible, de feito houbo quen nin se presentou na liña de saida. Participaron os nosos atletas Miguel Iglesias, posto 22º cun tempo neto de 36:15, e María Josefa Freire, posto 562º cun tempo neto de 57:11. Miguel mellorando carreira tras carreira.

VIII CARREIRA XÓVENES ATLETAS 2013 O PORRIÑO

3 de marzo de 2013



Hoxe celebrouse a proba de Xóvenes atletas organizada polo club de Atletismo Porriño, nun día cunha climatoloxía excelente. Os resultados das nosas e dos nosos atletas foron os seguintes: 8º Jorge Fernández en Alevín masculino. 3ª Andrea Pérez en Infantil feminino. 2ª Laura Fernández en Cadete feminino. Enhoraboa.