51º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2012)

23 de decembro de 2012


Este domingo celebrouse o 51º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2012), participando o noso equipo en categorias menores e nas categorias Senior Masculina, Veterán Feminina e Veterán Masculina, acadando os seguintes resultados:

Na categoría Infantil Feminina subiu ao podio a nosa atleta Andrea Pérez 3º posto. En Infantil Feminino: 20ª Charlote Cloet, 22ª Lúa Iglesias, 36ª Lía Gutierrez. En Alevín Masculino: 6º Pablo Romero, 9º Pablo Camescasse, 17º Jorge Fernández. En Cadete Feminina: 7ª Laura Fernández. En Veterán Feminina: 33ª Fefa Freire, 45ª Carmen Vasconcellos. En Veterán Masculino: 68º Manuel Fernández. Aínda que nesta categoría aparece Jose Alar como non finalizado, sinalar que foi por un problema na chamada dos atletas. Non sabemos en que posto chegou, pero si que chegou antes do 68º de Manuel.

Aínda que non saen na clasificación polo noso club, si pertenecendo a él, dende este blog queremos resaltar os seus resultados: Na categoría Senior Masculina: 32º Miguel Iglesias. Na Categoría Veterán Feminina: 39ª Yolanda Abellán.

CARREIRA POPULAR SIN-SON 10K

23 de decembro  de 2012


Na primeira edición desta proba organizada pola Agrupación Deportiva Porto do Son incluida no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo entre as localidades de PORTOSÍN e PORTO DO SON o noso club estivo presente gracias á participación do noso atleta Constantino Álvarez, que nesta bonita localidade chegou no posto 290º (43:22).

XII MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

16 de decembro de 2012



Nunha mañán extremadamente chuviosa, as atletas e os atletas do noso club acudiron a esta proba, que este ano era tamén fase zonal para clasificarse para o campionato provincial do Programa Xogade da Xunta de Galicia.

Na categoría Cadete Feminina: 4ª Laura Fernández (clasificada para a fase provincial). En Infantil Feminino: 6ª Andrea Pérez (clasificada para a fase provincial). En Alevín Feminino: 23ª Lúa Iglesias, 37ª Lía Gutierrez. En Alevín Masculino, clasificándose en 2º lugar por equipos, o que lle permite asistir á fase provincial de campo a través: 7º Pablo Camescasse, 15º Nicolás Otero, 18º Pedro Fernández e 22 Jorge Fernández.

VII Subida ao Castro

16 de decembro de 2012


Tres atletas do San Miguel de Oia participamos nesta dura proba do circuito de carreiras populares de Vigo. Para darse conta da dureza desta proba hai que participar, con tan só rematala xa é para estar máis que satisfeito. 2,1 quilómetros 357 escalóns e cun desnivel dun 9%.

Destacado o resultado do noso atleta Miguel Iglesias, 5º en Senior Masculino 12º na clasificación xeral cun tempo de 10:09,5. As veteranas: 369º Fefa Freire (18:29,3), 379º Carmen Vasconcellos (20:12,4).