50º Gran Premio Pedestre do Nadal Carreira do Pavo 2011

Domingo 18 de decembro de 2011

Hoxe celebrouse esta proba no seu 50 cumpreanos nunha mañán fría pero soleada, o que posiblemente axudou a unha gran participación. 

Os nosos atletas acadaron os seguintes resultados:
Categoría Alevín masculino, 25º Pedro Fernández Miranda (5:50), 36º Jorge Fernández González (6:16).
Categoría Infantil feminina, 7ª Laura Fernández González (8:33), 15ª Andrea Pérez Fernández (9:11).
Categoría Veteráns feminina, 16ª Dolores Vázquez (19:13), 26ª Mª Josefa Freire (23:00), 30ª Carmen Vasconcellos (27:10).
Categoría Veteráns masculino, 49º José Alar (23:34), 60º Manuel Fernández (24:33).

XI Memorial Andrés Abanqueiro

Domingo 11 de decembro de 2011

As categorías menores tiñan cita no XI Memorial Andrés Abanqueiro no parque de Castrelos este domingo.

Os resultados foron os seguintes: Accedendo a trofeo, na categoría Infantil Feminina, 5ª Laura Fernández. Na categoría Alevín Masculino, 39º Pedro Fernández Miranda e 46º Jorge Fernández.

VI SUBIDA AO CASTRO, VIGO 11/12/2011

Domingo 11 de decembro de 2011

Espectacular carreira, na que se subiron 305 escalóns e na que excepto o pequeno tramo do principio, todo era costa arriba. Preciosa a chegada entrando pola porta da fortaleza.


Participamos tres veterans: Posto 109º Manuel Fernández (11:40), posto 441º María Josefa Freire (17:44) e posto 460º Carmen Vasconcellos (20:10).

38º Trofeo Pedestrismo de Cangas

 Domingo 4 de decembro de 2011

Nun día gris con pouca chuvia, celebrouse esta bonita proba en Cangas, nun circuito totalmente urbano na Alameda Vella.
 
Os nosos resultados foron os seguintes: Nas probas escolares, na categoría Alevín maculino, 13º José Pedro Fernández, 30º Jorge Fernández. Na categoría Infantil feminino, 7ª Laura Fernández. Na proba absoluta, 83º José Alar (39:10) VT1M-39, 274º Loli Vázquez (50:08) F-20 VT1F-7, 275º Sandra González (50:08) F-21 VT1F-8, Fefa Freire (59:13) F-30 VT2F-4, Carmen Vasconcellos (1:08:55) F-37 VT2F-5.