INTERRUNNING PIÑEIRO 2013

24 de febreiro de 2013



Outro ano máis participamos nunha das carreiras mellor organizadas das que coñecemos. Nas categorías menores participou Lúa Iglesias, acadando o 6º posto en Alevín Feminino. Na carreira absoluta brillou no posto 47º Miguel Iglesias, cun tempo neto de 35:19, que non está nada mal dada a categoría dos participantes. Destacar a participación das veteráns María Josefa Freire e Carmen Vasconcellos nunha carreira tan rápida.

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR CELEBRADO EN GUITIRIZ

23 de febreiro de 2013


Nun precioso circuito, practicamente chan, no que co transcurso das probas íbase embarrando cada vez máis, cun frío que non impediu ver as/os mellores atletas de Galicia en idade escolar, celebrouse o Campionato Galego de Cross Escolar. En toda a mañán o termómetro non deu superados os 5º C.

Na proba das Cadetes Femininas Laura Fernández cumpriu clasificándose no posto 20º, quedando satisfeita dadas as condicións climáticas. Enhoraboa Laura.


CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS ESCOLAR CELEBRADO EN CHENLO

17 de febreiro de 2013


Día chuvioso e frío para os nosos atletas na localidade de Chenlo, Porriño. Acudimos cos nosos e as nosas atletas clasificados e clasificadas na fase zonal. Nun circuito duro, monte arriba, os nosos resultados foron: En Cadete Feminino 7ª Laura Fernández (clasificada para o campionato galego). En Infantil Feminino 10ª Andrea Pérez. En Alevín Masculino 31º Jorge Fenández e 37º César Alonso.

II CROSS BERNARDO ALMUIÑA

10 de febreiro de 2013


Cross celebrado na localidade de Gondomar cun recorrido exixente pero precioso, cun percorrido polo casco urbano de Gondomar e o Parque das Ánimas. Houbo barro, chuvia, vento, costas, resbalons,… o que fixo que os aproximadamente 300 atletas de todas as categorías que participaron sufriran de seu.

No que respecta aos nosos atletas, destacar os resultados de Miguel Iglesias, posto 11º, Constantino Álvarez, posto 36º, e o podium de Andrea Pérez, 2ª en Infantil Feminino.

XIV CROSS ESCOLAR DO VAL MIÑOR

3 de febreiro de 2013


Hoxe celebrouse o XIV Cross Escolar do Val Miñor, onde brillaron os atletas do San Miguel de Oia. Cadete Feminino: 4ª Laura Fernández. Infantil Feminino: 5ª Andrea Pérez. Alevín Masculino: 7º Pablo Camescasse, 18º Jorge Fernández. Alevín Feminino: 7ª Lúa Iglesias, 18ª Charlote Cloet.